Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Galicia
Categoría: Consellería do Mar Xunta de Galicia

A Xunta de Persoal de Pontevedra acusa ao Goberno Galego de ignorar o Tribunal Superior de Xustiza

Información
Consellería do Mar Xunta de Galicia 20 Noviembre 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

A representación do funcionariado autonómico da provincia de Pontevedra denuncia a situación na que se atopan os oito postos de xefatura de unidade operativa dependentes da Consellería do Mar.

Estas prazas foron cubertas polo sistema obxectivo de concurso desde a súa primeira convocatoria (no ano 1986) ata que, coa Conselleira actual, Rosa Quintana, se cambia polo discrecional sistema de libre designación no ano 2011.

Ata tres sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) do ano 2013 anulan este sistema de cobertura, ditaminando, literalmente que “anulamos dito acordo no que respecta ao establecemento do sistema de provisión de libre designación para as prazas de xefatura de unidade operativa”.

Ante os oídos xordos da Consellería, no ano 2014 o propio TSXG, a solicitude das instancias recorrentes, envía á Xunta de Galicia un Auto de Execución Definitiva no que insta á Xunta de Galicia “de forma perentoria e no prazo máximo dun mes a publicar modificación da relación de postos de traballo, co fin de que asigne o sistema de provisión por concurso de méritos”

Asi se xestionan os bens públicos dos ciudadanos...

Ante tal avalancha de resolucións xudiciais, en agosto de 2014 a consellería de Facenda modifica a RPT retomando o sistema de concurso.

Pero non deixou de ser unha mera modificación formal, pois a situación actual, en novembro do 2015, reflicte a permanencia de catro xefaturas en libre designación e 4 en comisión de servizos (unha delas, incluso, superando os dous anos que a normativa fixa como máximo). Como colofón a esta situación cabe sinalar que hai vinte anos (desde 1995), que non se convoca concurso para a cobertura das devanditas prazas.

A Xunta de Persoal esixe a inmediata cobertura por concurso das oito prazas, así como unha explicación á falta de respecto ás decisións xudiciais por parte do goberno de Feijoo.{jcomments on}