Rosa Quintana négase a negociar a igualdade de condicións para a flota gallega e portuguesa, favorecendo así o traslado de mais de 3oo toneladas de boquerón a flota de Andalucía.

Información
Consellería do Mar Xunta de Galicia 22 Noviembre 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

Daniel 2 21O deputado, Daniel Rodas reclama o mesmo trato e condicións para ambas flotas e acusou ao Goberno de “inacción” ante o remate do acordo. A iniciativa do BNG ven a poñer ao descuberto as "felonías" de Feijóo e Rosa Quintana, vendendo os intereses da flota de cerco por uns cuantos votos en Andalucía para o 20D.

 A piques de rematar o acordo pesqueiro con Portugal, o deputado do BNG, Daniel Rodas pediu ao goberno galego renovar o acordo “da man do sector” do arrastre galego para acadar condicións en igualdade coa flota portuguesa.

Pola súa parte, o portavoz do Partido popular, José Manuel Balseiro confirmou que a Xunta e o Ministerio respectarán o acordo parlamentario galego para introducir unha cláusula “ de igualdade” no novo acordo que entrará en vigor o vindeiro 31 de decembro do 2015. Balseiro anunciou a presentación dunha emenda de substitución que a xuízo do nacionalista só tenta “volver a votar o que xa foi votado” en pleno.

Na replica, o parlamentario do BNG respondeu ao portavoz popular que debe cumprir o mandato da Cámara galega e non volver a “facer o ridículo” de presentar unha pregunta á conselleira mentres o Ministro negociaba “pola parte de atrás” a rebaixa do acordo en detrimento da flota galega. O BNG, dixo, trouxo entón unha iniciativa para denunciar as condicións nas que estaba a faenar a flota portuguesa e vostedes, inicialmente “votaron en contra” pero despois votaron favorablemente tras as presións do sector.

Daniel Rodas

En ano e medio, dixo Rodas, “non fixeron nada, estiveron a durmila” a pesar de contar cun mandato da Cámara que os amparaba. Agora,engadiu, “quédalle un mes, e esgotase o prazo” recalcou o deputado polo que reclamou do Goberno galego iniciar as negociacións do acordo con Portugal esixindo as mesmas condicións pra as flotas galega e lusa entre as que destacou “parar a fin de semana, e non utilizar artes ilegais”.

É absurdo, afirmou o nacionalista, que unha flota estranxeira nas nosas augas teña mellores condicións que a flota galega, “eles 40 toneladas cada semana e nós 80 para todo o ano”, ese é o futuro que nos espera preguntou o deputado. Teñen a posibilidade, porque son Goberno, de comparecer no Parlamento e informar do conseguido, “na patela” como dicimos no mar, “na patela”, concluíu.

A iniciativa parlamentaria do BNG foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.{jcomments on}