A Consellería Rosa Quintana "PPdeG" está "paralizada", "desbordada" e demostra ser "incapaz de asumir o seu papel" soamente esta servilista para regalar as ráis galegas a acuicultura.

Información
Consellería do Mar Xunta de Galicia 25 Noviembre 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

Hai outros modelos de desenvolvemento, baseados no aproveitamento sustentábel dos recursos da costa máis respectousos co medio e máis xustos socialmente. Por iso o debate non é só onde, se en Touriñán, Camelle, Quilmas, Corrubedo, etc. senón como e sobre todo para que. O como está moi claro: estragando a costa e poñendo en perigo o medio de vida de moita xente. O para que, supoñémolo tamén: para engordar as contas de beneficios dunhas empresas que non teñen ningún respecto pola nosa terra nin pola nosa xente

Rosa Quintana manda á Rede Natura o marisco contaminado que Pescanova non quixo diante da súa piscifatoría
Rosa Quintana, nun afán de contentar as multinacionais da acuicultura e Pescanova, vai camiño de contaminar case que todo o Litoral Galego con o marisco tóxico-contaminado a través de reinstalalo...nos espazos protexidos onde non molestan as multinacionais. Outro vergoñento episodio de chantaxe corporativa e o que é máis grave, de submisión de Rosa Quinatna e dunha administración aos intereses de xentes que en nada queren a Galicia, nen as súas xentes, a salvo o seu propio negocio, tal e como fixeron en Chile. A consellaría do Mar acaba de facer público o borrador da orde para a "reinstalación" dos bivalvos contaminados provintes de zonas "C" noutros lugares da costa. Resulta que as dúas ubicacións propostas, a ría de Ferrol e a enseada de Aldán, forman parte da Rede Natura 2000 debido á excepcionalidade e riqueza do seu medio mariño. Despois de que Feijóo "OBEDECRA HUMILDEMENTE" a Pescanova que rexeitou instalar as bateas de moluscos fronte á súa piscifatoría en Morás (Xove), malia a que a orde xa fora publidada no DOG, agora a Xunta pretende meter o marisco tóxico... nos espazos protexidos! onde non molesta as multinacionais... Foi outro vergoñento episodio de chantaxe corporativa e o que é máis grave, de submisión dunha administración aos intereses empresariais en contra dos galegos/as. Non sería millor que a Xunta tomara en serio o saneamento das rías en troques de andar mareando o marisco tóxico? e contaminando as rías galegas.... [+] »
..Ver mucho más sobre la contaminación salmonera y la destrucción total de su entorno [+] »

Jaulas Salmoneras en Muros y Noia, iguales a las de Chile. la mala experiencia de las jaulas de salmones, ¿que Rosa Quintana, no nos cuente "Milongas"?.

Chile. la mala experiencia de las jaulas de salmones, ¿que Rosa Quintana, no nos cuente "Milongas"?. Mar interior de Chiloé: ¿Un Mar Muerto?. En Febrero de este año, el World Resources Institute (WRI) publicó un "Mapa Interactivo" mundial donde identificó 762 áreas costeras afectadas por eutrofización y/o hipoxia, es decir, sitios donde el ambiente acuático presentaba exceso de nutrientes y/o ausencia de oxígeno para permitir existencia de vida. [+] » Pescadores, ecologistas y científicos dicen NO a las jaulas de salmón. [+] » Pescanova no es un modelo, es un desastre para el mundo - Las Jaulas del Salmón y los destrozos y contaminación ambiental....Que pretende realmente Rosa Quintana al instalar por la fuerza las jaulas de salmón en la Ría de Muros-Noia. [+] »


Rosa Quintana non quere satisfacer aos galegos/as, quere satisfacer a empresa North West Food
Pescadores, ecologistas y científicos dicen NO a las jaulas de salmón Chile.la mala experiencia de las jaulas de salmones, que Rosa Quintana, no nos cuente "Milongas" Salmones de Rosa Quintana en Muros: Piscicultura industrial con antibióticos e químicos nas rías e na costa? Non, grazas Pescanova no es un modelo, es un desastre para el mundo - Por Manoel Santos Oceana contradice todas las virtudes del salmón expuestas por Rosa Quintana y afirma que destruirán la Ría de Muros y Noia Rosa Quíntana intenta xustificar con 200 postos de traballo a destrucción de máis de 10.000 que perderían coa instalación de gaiolas na Ría de Muros Agamar apoia y se suma ás mobilizacións contra Rosa Quintana convocadas polo sector de artes menores e pesca artesanal Rosa Quintana se ríe públicamente de las gentes del Mar y la Pesca invitando a Benito González a Noruega en nombre del sector Rosa Quintana, ataca directamente aos recursos das rías galegas con gaiolas de cría de salmón Confrarías y Bateiros, pescadores, mariscadores y el sector al completo se unen contra Rosa Quintana, Debería dimitir...? As Gaiolas Experimentais vanse a Muros onde hai máis xente do PP

A Consellería do Mar está "paralizada", "desbordada" e demostra ser "incapaz de asumir o seu papel".

Marisol Soneira, preguntou cal foi o criterio para a implantación das empresas acuícolas, "as presións de persoas manipuladas en moitos casos polo PP, os valores medioambientais ou o capricho político"...... [+] »

 

A Xunta do PP pretende enmascarar coa acuicultura o maior proceso especulador da costa galega.

Soneira advirte que a normativa da Xunta permite entregar a titularidade dos terreos aos particulares interesados. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, acusou hoxe á Xunta de “enmascarar o maior proceso especulador da nosa costa” grazas á modificación do Plan Galego de Acuicultura. A parlamentaria socialista denunciou que a nova normativa permite entregar a titularidade dos terreos aos particulares interesados “independentemente de que leven adiante a planta acuícola”..... [+] »


Feijóo minte, manipula e tarxiversa a realidade no parlamento sobre a planta acuícola de Muros.

Núñez Feijoo é a encarnación do cinismo político e da manipulación. Xa que asegurou no Parlamento que mañá o Consello da Xunta aprobaría a primeira planta acuícola dende o goberno de Manuel Fraga. Os socialistas argumentan que os únicos proxectos acuícolas aprobados por Feijoo son a de Insuiña (Pescanova) en Oia, cuio expediente herdou do Goberno anterior, é o freo e a marcha atrás de tódolos investimentos previstos, amais do anuncio da ocupación do noso patrimonio medioambiental, a desmoralización do sector e o abandono por parte dos emprendedores, e a entrega de fondos públicos aos empresarios foráneos en forma de axudas.. [+] »


Unha bofetada á política acuícola de Feijóo e Rosa Quintana, á Sentenza da piscifactoría de Rinlo

A piscifactoría de Rinlo en Ribadeo, que promovía a empresa Acuinor S.L. e propiedade do Popular Ramón Álvarez-Cascos.. Esta sentencia “non fai mais que demostrar que o Plan Galego de Acuicultura defendido polo anterior Goberno do PSdeG-PSOE, e actualmente en vigor, era o mellor instrumento para defender a costa Galega, e ao mesmo tempo apostar pola acuicultura como motor de desenvolvemento en Galicia”... [+] » Quilmas e Baroña: os despropósitos da acuicultura industrial do PPdeG O nefasto Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria aprobado polo PP in extremis no 2007, deita un regueiro de macropiscifatorías por todo o litoral galego, dos 23 parques iniciais, 13 afectaban a espazos protexidos ou merecentes de selo, comprometen a viabilidade ecolóxica de espazos senlleiros da Rede Natura galega. Causan impactos tanto na terra (alteración de hábitats protexidos, destrucción paisaxística e patrimonial...) como no mar (vertidos con elevada carga orgánica, antibióticos, produtos químicos, etc), en Quilmas e Baroña non se recolle ningunha instalación de depuración para o medio millón de m3 de augas contaminadas que deitan directamente ao medio cada ano. [+] »


A acuicultura industrial non é a solución, é o problema.......

Hai outros modelos de desenvolvemento, baseados no aproveitamento sustentábel dos recursos da costa máis respectousos co medio e máis xustos socialmente. Por iso o debate non é só onde, se en Touriñán, Camelle, Quilmas, Corrubedo, etc. senón como e sobre todo para que. O como está moi claro: estragando a costa e poñendo en perigo o medio de vida de moita xente. O para que, supoñémolo tamén: para engordar as contas de beneficios dunhas empresas que
non teñen ningún respecto pola nosa terra nin pola nosa xente.... [+] »

Pladesemapesga (Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia) denuncia que máis de 60 especies mariñas desapareceron nos últimos anos das augas fronte ao litoral galego, e sinala como un dos responsables "o uso dos sistemas alimenticios industriais da acuicultura", que "afectou negativamente ao leito e medio ambiente mariño provocando un esgotamento dos recursos e os peixes nas zonas onde actúan".

"A falta de vixilancia nos lugares de reprodución e cría e o uso de produtos industriais da acuicultura, antibióticos, etc., extermina bancos enteiros de xuvenís, esquilmando a poboación pesqueira do litoral galego"

Miguel Delgado, presidente de Pladesemapesga, explica que "a falta de vixilancia nos lugares de reprodución e cría e o uso de produtos industriais da acuicultura, antibióticos, etc., extermina bancos enteiros de xuvenís, esquilmando a poboación pesqueira do litoral galego". E lembra que os datos do desembarco total anual ofrecen "unha mostra fidedigna do actual rendemento máximo sustentable (RMS), que se ve moi mermado, reducíndose de forma alarmante sen posibilidade de recuperación a curto prazo". Delgado conclúe que "a equivocada xestión ou a falta dela provocarán a total desaparición do sistema produtivo artesanal de Galicia e a extinción de varias especies de peces e mariscos en favor da acuicultura destrutiva e industrial, provocando a desertización humana no noso litoral".

Delgado advirte de que os caladoiros da costa galega poderían quedar sen a maior parte do peixe "en menos de 20 anos" e insta a que a Xunta "xestione de forma máis adecuada os recursos naturais"

A este respecto, Delgado advirte de que os caladoiros da costa galega poderían quedar sen a maior parte do peixe "en menos de 20 anos" e insta a que a Xunta "xestione de forma máis adecuada os recursos naturais, primando a pesca artesanal e a pesca produtiva familiar de Galicia, permitindo unha convivencia pacífica e ordenada coa acuicultura, prohibindo o seu asentamento en zonas produtivas de pesca e marisqueo e nas áreas críticas", reducindo a súa produción durante o período de desova, "tal como se fai na maior parte dos países desenvolvidos".

Hai unhas semanas o Parlamento europeo impediu por tan só 16 votos a prohibición da pesca de arrastre para as especies de aguas profundas, nunha decisión que foi duramente criticada por colectivos ecoloxistas e polas asociacións de pescadores e mariñeiros que practican a pesca artesanal, coma a asociación Promar, a Fundación Lonxanet para a Pesca Sostible e a Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia.

 

Perda do 45% dos empregos en cinco anos

Por cada pescador traballando no mar xéranse tres empregos noutras actividades que están relacionadas directa ou indirectamente co sector pesqueiro

Un estudo realizado por Pladesemapesga detecta que "un número significativo" de familias que viven da pesca artesanal están a verse obrigadas a abandonar esta actividade. En concreto, sinala que Galicia perdeu o 45 por cento das familias que viven da pesca artesanal e marisqueo en tan só cinco anos. Este abandono foi especialmente importante nos anos do boom inmobiliario na franxa costeira de Galicia. Este estudo alerta de que a metade do emprego destruído no sector pesqueiro en España no quinquenio 2006-2011 está en Galicia, un total de 3.575 postos de traballo perdidos. Dende 1995 Galicia perdeu o 45% dos empregos na pesca artesanal, mentres que a capacidade da frota industrial crecía un 70%.

Pladesemapesga lembra que a pesca en Galicia proporciona emprego directo a máis de 41.600 pescadores e 9.200 mariscadores. Destes 41.600 pescadores, 11.130 fano na pesca industrial e de altura e o resto na plataforma galega. E salienta que por cada pescador traballando no mar xéranse tres empregos noutras actividades que están relacionadas directa ou indirectamente co sector pesqueiro, coma a acuicultura (13.422 empregos), comercialización (6.630), industria conserveira (18.000), industria de conxelados (2.922) ou industrias e servizos relacionados (28.000). En total, 119.874 persoas que representan o 12,2% do emprego total galego. A importancia en certos concellos e comarcas é moito maior: Fisterra (47,2% dos empregos), Ribeira (40%), Malpica (32,4%) ou Camariñas (27,9%).

Pladesemapesga cre que a desintegración da pesca tradicional, "a que mellor garante a sustentabilidade dos recursos", está a pór en perigo a conservación do Mar de Galicia e o asentamento da poboación nas súas costas

Pladesemapesga cre que a desintegración da pesca tradicional, "a que mellor garante a sustentabilidade dos recursos", está a pór en perigo a conservación do Mar de Galicia e o asentamento da poboación nas súas costas. E avoga por crear un movemento que lle dea valor á "pesca local", creando canles de distribución cos comerciantes polo miúdo e restaurantes para que promocionen os beneficios do consumo de peixe e marisco de orixe local en círculos máis estreitos. A entidade reclama unha lei que exima aos barcos da pesca artesanal dos impostos sobre a propiedade e unha baixada do rendemento, sumándolle unha rebaixa nos combustibles.