Rodas pide excluír as cotas de raia para artes menores

Información
Consellería do Mar Xunta de Galicia 21 Diciembre 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

Daniel Rodas na Comisión de Pesca

O parlamentario criticou o Regulamento comunitario que prohibe pescar raia mosaica e raia branda para que non coincida co apertura da pesqueira da centola

Daniel Rodas na Comisión de Pesca

O deputado do BNG Daniel Rodas defendeu na Comisión de Pesca unha Proposición non de lei instado á Xunta a adoptar medidas que impidan capturas de raia para artes menores sometidas a cotas.

O deputado lamentou que o portavoz do Partido popular, José Manuel Balseiro anunciara o voto en contra á iniciativa do BNG amparándose en que Galiza “non pode establecer un TAC nesta materia”. Para o deputado, unha vez máis o PP “pasa ” dos problemas da pesca e asumen “sen rechistar” o reparto das cotas entre os diferentes países sen ter en conta a realidade das distintas flotas.

Rodas negou que Galiza non teña competencias en augas interiores pero o PP non ten vontade de facelo ao igual que está ocorrendo coa flota do cerco ao que se lle aplica “unha normativa lineal” a pesar das diferenzas entre un barco industrial e un artesanal.

O deputado puxo como exemplo artes como o bou que en todo o ano pescan dúas toneladas de raia, cantidades que cualificou de “ridículas” tendo en conta o lugar onde se desenvolve a súa actividade, as dimensións das embarcacións e as tripulacións. É “un pecado” dixo, que cando cambian o aparello dos miños recollen catro raias e hai que tiralas ao mar, igual que ocorre co abadexo e a robaliza. É un “disparate” ter que tirar ao mar o peixe despois de matalo” e se existe unha arte que acumula moitas capturas haberá que regulala pero non é o caso da raia.