A Comisión Europea responsabiliza ao Goberno central do actual reparto de cota de pesca no sector do cerco porque, argumenta, é competencia nacional a asignación dos dereitos de pesca entre a frota de cada estado membro da Unión Europea.
En resposta a unha pregunta parlamentaria presentada polo BNG, a través da portavoz en Bruxelas, Ana Miranda, o executivo comunitario subliña que esta mesma explicación foi tamén transmitida por escrito a Asociación de armadores do cerco de Galiza (ACERGA), cuxos asociados reclaman maioritariamente un reparto lineal da cota de pesca, é dicir, por tripulante de cada embarcación, en lugar de tomar os denominados dereitos histórico como elemento de reparto.
O BNG apoia esta demanda da maioría do sector e crítica a inacción política da Xunta, que fai oídos xordos ás peticións dos mariñeiros do cerco acampados dende fai tres meses ante as portas da sede do goberno galego. Co actual reparto acordado por Madrid, un barco vasco ten máis cota de pesca que 40 galegos, sen que o Executivo de Feijóo aporte alternativa algunha