Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Galicia
Categoría: Consellería do Mar Xunta de Galicia

A Xunta oculta a poboación as situación de risco para a saúde nos casos de auga non apta para o consumo pola falta de persoal para as inspeccións

Información
Consellería do Mar Xunta de Galicia 05 Mayo 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

62 inspectores desenvolven os controis en toda Galicia, un 38% menos que en 2006

CIG, CCOO, CSI•F e UGT convocan unha folga indefinida a partir do día 18 de maio para reclamar medios materiais e personais e unha mellor organización para garantir a correcta vixilancia

A pesar da protesta do colectivo do persoal Farmaceutico Inspector de Saúde Pública (FISP) o pasado 9 de decembro do 2015 ante a Consellería de Sanidade para reivindicar unha “maior responsabilidade sanitaria que evite riscos á poboación galega” e tras as importantes alertas ambientais xurdidas hai pouco tempo en Galicia (auga de Ferrol e legionella en Lugo), e máis recientemente a intoxicación de máis dun centenar de persoas de dous clubs de baloncesto no Salnés, Sanidade lonxe de mellorar a situación reduce máis a perioricidade no número de inspeccións a realizar.

Hai que resaltar que malia ser obrigatorio, a maioría das situacións de risco para a saúde non son comunicadas á poboación. Así, é habitual que a cidadanía descoñeza a existencia de abastecementos que subministran ‘auga non apta para o consumo’, piscinas que incumpren os parámetros de calidade do auga, zonas de baño contaminadas sen ningún tipo de sinalización nin vixilancia, colexios, gardarías, balnearios e termas públicas sen control sanitario, velorios e tanatorios ‘ilegais’, casos de legionelosis, e infinidade de fontes públicas e traídas veciñales que non están sometidas a ningún tipo de análise nin control.

Este ocultamento denota o desinterese de Sanidade pola saúde da cidadanía e reflicte a carencia de medios materiais e de persoal así como unha máis que mellorable organización deste servizo, que na actualidade está cuberto por 62 profesionais cando o corpo dos FISP en 2006 contaba con 100 prazas, é dicir, reducíronse un 38%.

Ante a falta de reacción da consellería, CIG, CCOO, CSI•F e UGT acaban de convocar unha folga deste servizo a partir do día 18 deste mes, ás 00.00 horas, e desenvolverase todos os luns, martes e mércores de todas as semanas de xeito indefinido.

Aos cidadáns, interesaralles que o labor de inspección dos FISP, co principal obxectivo de velar pola vixilancia da saúde pública ambiental, centrase en: