anunciacargosdeconfianzadelppdegenlaxuntadegalicia mariadelmarsanchezsierraMaría del Mar Sánchez Sierra exige 50.000 euros al periodista Miguel Delgado y pide meterlo 4 años y medio en la cárcel por "reproducir información públicada por la Xunta" en sus webs institucionales que le sale gratis a cualquier ciudadano..+ publicada por la Xunta y de la que es responsable como alto cargo del PPdeG..+Retegal.+, AMTEGA..+, Secretaría de Medios..+, EXPOURENSE-FORO DE LA COMUNICACIÖN..+, CONSELLO ASESOR AUDIOVISUAL GALICIA..+, Porto de A Coruña...+, Directora de Comunicacion Partido Popular de Galicia..+, Fundación Camilo José Cela..+, ex-empleada de La Voz de Galicia..+, Norsan S.L..+  y responsable de la imagen de las webs www.ppdegalicia.com y www.feijoo.gal y del PP de Galicia..+ y ex del Instituto Gallego de Vivienda y Suelo, Complejo Hospitalario de Santiago de Compostela, Consejería de Sanidad, Ministerio de Sanidad, Correos, Consejería de Política Territorial, Obras Públicas y Vivienda etc..


Información
Enviar por ; Correo electrónico

Imputado o ex-director xeral de Conservación da Natureza García-Borregón por delictos contra o medio ambiente

Información
Diario Marítimo ; 30 Mayo 2016 ; 1609 visitas
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

cid part2 355B6D10 67E7D36EadegaRicardo García-Borregón Millán, ex-Director Xeral da Natureza con Agustín Hernández, declarará como "investigado" o vindeiro luns 6 de xuño a petición da Fiscalía ambiental do TSXG, xunto con outros tres ex-altos cargos de Medio Ambiente, polo dragado da ría de Ferrol denunciado en 2011 por ADEGA.

A obra tiña como obxectivo aumentar o calado da entrada da ría para permitir o paso a grandes buques como os gaseiros de Reganosa.
No Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago de Compostela están a desenvolverse as dilixencias previas relativas a un presunto delicto contra os recursos naturais e o medio ambiente, relacionado co dragado irregular dos fondos da Ría de Ferrol dentro da ZEC Costa Artabra (Rede Natura 2000), executado entre outubro e novembro do 2011, e no seu día denunciado por ADEGA perante a Fiscalía Ambiental.


Como “investigados” (antes imputados) por estes feitos atópanse as persoas que naquela época ocupaban os postos de máxima responsabilidade na xestión dos espazos naturais de Galiza: Ricardo García-Borregón Millán (Director Xeral de Conservación da Natureza), Rogelio Fernández Díaz (Subdirector Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade), Javier Turrillo Montiel (Xefe do Servizo de Análise e Proxectos) e Carlos Múñoz (Xefe do Servizo de Conservación da Natureza na Delegación Provincial da Coruña).


Todos eles están acusados pola Fiscalía de delictos contra os recursos naturais e o medio ambiente, prevaricación e falsidade documental. Entre todos presuntamente "cociñaron", logo de iniciadas as obras do dragado da ría de Ferrol, unha autorización ambiental fraudulenta baseada nun suposto informe técnico que non figuraba no expediente. Logo de rematadas as obras, e tras as xestións do Valedor e a Fiscalía a denuncia de ADEGA, apareceu o informe que, curiosamente, recomendaba a non execución do proxecto polos seus impactos ambientais.

O xusto colofón a unha desastrosa xestión dos espazos naturais galegos

Confiando no labor da xustiza e da Fiscalía, este caso representa a paradoxal culminación da desastrosa xestión da biodiversidade e dos espazos naturais acontecida nos últimos anos. A escandalosa inacción, cando non a defensa de intereses alleos á conservación, exemplifícase na desastrosa xestión dos Parques Naturais; humidais protexidos, especies de flora e fauna ameazada... Na paralización inxustificada da ampliación da Rede Natura 2000, a máis cativa do estado; na negativa á declaración de parques naturais nos Ancares, Courel, Monte Pindo... Mais tamén na tolerancia ou promoción de actuacións incompatíbeis coa protección do noso patrimonio natural: piscifactorías, minas, eólicos, celulosas, eucaliptización de espazos naturais, licenzas ilegais de caza, cacerías de lobos, etc.
Resulta irónico pois, que sexa a tramitación irregular dunha obra para beneficiar a Reganosa (como acaba de acontecer co governo en funcións de Rajoy) a que trala denuncia de ADEGA subministre as probas que leven aos responsábeis ou cómplices de tantas outras desfeitas ambientais perante a Xustiza.

Ligazóns

Novas relacionadas

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....