Os socialistas galegos acusaron hoxe á conselleira de Mar, Rosa Quintana, “de rirse do sector, abandonado e sen solucións aos seus problemas por parte dun goberno da Xunta ausente e fracasado”.
En resposta a unha comparecencia de Quintana no pleno do Parlamento, o portavoz de Pesca do PSdeG, José Ramón Val, lembrou que “o legado da conselleira é triste, con 4.500 cotizantes menos que no ano 2009 e 30.000 persoas esixindo a súa dimisión na praza do Obradoiro”.
“Sabemos os problemas, pero non as iniciativas da Xunta para atopar solucións, vostede debería render contas e explicarlle ao sector por que a flota perde sempre protagonismo nos acordos pesqueiros que chegan de Europa”, apuntou o deputado socialista.
“Temos a flota do cerco máis numerosa do Cantábrico, pero é a que ten as menores posibilidades de pesca”, engadiu Val, que falou tamén dos problemas “da volanta ou do marisqueo”. “En vez de traballar para o sector, o único que fan e dividilo”, afirmou.
“Os criterios que defende a Xunta de Galicia sempre prexudican á flota galega”, dixo o socialista. “Despois de sete anos, sete orzamentos e máis de 1.000 millóns de euros xestionados, a xente sabe onde estamos e quere iniciativas por parte do goberno”, rematou.
Ultima hora en esta sección
Otras noticias publicadas más recientes
También le pueden interesar
Las noticias más populares
De redacción
- Un equipo con participación del CSIC identifica cuatro especies distintas de carabela portuguesa
- La pesquería de cerco de la sardina ibérica recibe el certificado de pesca sostenible de Marine Stewardship Council en un acto oficial en Matosinhos
- Por pescadores para pescadores; hoy se lanza la marca de calzado de alto rendimiento "Strike"
- Un estudio explica la paradoja del Mediterráneo, un mar vacío y lleno a la vez hace más de 5 millones de años
- Ecologistas en Acción presenta su campaña de divulgación sobre los tiburones y las amenazas que enfrentan