CAPTURAN OUTRA TROITA DE CASI 3 QUILOS NO RÍO VERDUGO A POUCOS DÍAS DE CONMEMORARSE O 50 ANIVERSARIO DESTA FESTA GASTRONÓMICA EN PONTE CALDELAS

Información
Rios de Galicia y España 06 Mayo 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

6de5481428bf182b12e51ff14b18f41cMarcos González, de Paradela, botou máis de 40 minutos para sacar ao peixe da auga no entorno dos Pasos da Fraga

Ponte Caldelas, 6 de maio de 2016

Marcos González, un mozo veciño de Paradela (Ponte Caldelas) foi quen de capturar e sacar do río cunha cana un exemplar de troita de casi 3 quilos de peso e algo máis de 50 centímetros de lonxitude. A loita contra este descomunal animal da familia dos salmónidos tivo lugar ao caer a tardiña nun paraxe próximo aos Pasos da Fraga, no río Verdugo.

González tivo a paciencia suficiente para poder sacar ao peixe despois de recibir unha forte picada que fixo que o seu carrete se volvera tolo polo tirón e os intentos de fuxida da troita. Durante máis de 40 minutos estivo loitando co peixe ata que, coa axuda do seu pai, pudo ir levándoa cara a beira do río e botala a terra.

MORDEULLE NUN DEDO AO SEU PAI

A fiereza do animal fixo que se revelara contra o seu captor con tanta intensidade que incluso chegou a morder ao pai de Marcos González quen, nun despiste mentra estaba tentando quitarlle o anzol de tres picos á troita, recibiu unha dentellada da troita que, aínda que tivo que a soltar, caiu en terra firme onde nada pudo facer para librarse do seu destino que non será outro que acabar no forno e nun xantar familiar para a vindeira fin de semana.

Indicar para os expertos na pesca deportiva no río que o engado utilizado foi un anaco de escalo prendido sobre un anzol de tres picos, como os utilizados polas "culleriñas".

Marcos González asegura que volverá a pescar polas inmediaciones dos Pasos da Fraga xa que con anterioridade a esta pescata escapóuselle outra á que lle pudo ver a cola dun tamaño moitísimo máis grande.