Información
Enviar por ; Correo electrónico

O BNG trasladou ao Pleno o malestar da veciñanza de Caraña do Medio ante a falta de limpeza do leito do río dos Pelamios

Información
Diario Marítimo ; 30 Junio 2016 ; 1130 Votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

rio carañaA falta de limpeza tense traducido na acumulación de broza e sedimentos na zona, alcanzando vivendas e outras construcións cando o río baixa más crecido.

Betanzos, 30 de xuño de 2016. O BNG trasladou ao Pleno o malestar da veciñanza de Caraña do Medio ante a falta de limpeza do leito do río dos Pelamios, que atravesa a aldea. Segundo trasladaron as veciñas ao edil nacionalista, Henrique del Río, a diferenza doutros anos pasados, os servizos municipais non realizaron este ano as tarefas de limpeza da canle do río.

A falta de limpeza tense traducido na acumulación de broza e sedimentos na zona, alcanzando vivendas e outras construcións cando o río baixa más crecido. Ademais, tamén se deteriorou a obra pública realizada pola escola-obradoiro do Río dos Pelamios.

“Explicáronnos que todas estas cuestións as presentaron ao goberno local mais, como ven sendo tristemente habitual, nada fixo”, relata Del Río. As nacionalistas urxiron ao executivo municipal a levar adiante “as tarefas de mantemento que noutros anos se fixeron na zona”.

Ademais, chaman a atención sobre o deterioro sobre o paseo dos muíños de Caraña. Neste sentido lamentan que o goberno local vexa como algo “normal permitir o deterioro dun investimento como o que alí se fixo”. “Desde logo facer unha obra pública e abandonala non nos parece a mellor maneira de investir os cartos de todas, nin que esta sexa a mellor política para contribuír a que as aldeas sigan vivas”, conclúen.

Otros articulos relacionados.....