O Xulgado do Contencioso Administrativo nº2 de Lugo estima a demanda da Plataforma e anula as multas que a Subdelegación do Goberno de Lugo impuxera a catro sarriaos tras unha sentada na ponte do Toleiro de Sarria en contra do Proxecto de encanamento en m

Información
Rios de Galicia y España 26 Noviembre 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

Por sentenza de 23 de novembro o Xulgado do Contencioso Administrativo nº2 de Lugo ven de fallar contra a Subdelegación do Goberno de Lugo ao estimar a demanda da Plataforma Sarriana polo Río e anular -ao ser contrarias a Dereito- as resolucións sancionadoras dictadas pola Subdelegación do Goberno de Lugo contra catro sarriaos tras unha sentada en contra do Proxecto de encanamento do río Sarria na desaparecida ponte do Toleiro en marzo de 2014.

 A partir das probas gráficas, videos e testemuñas -xa obrantes nos expedientes e que foron, porén, ignoradas pola Subdelegación nos previos recursos administrativos de reposición e de alzada-, a sentenza pon de manifesto “que las infracciones imputadas a los recurrentes, o no se encuentran debidamente acreditadas o hay prueba bastante de que no se han cometido, con lo que cualquier sanción grave o leve, resulta improcedente”.

 No mesmo senso, a sentenza abunda: “No es de recibo que la demandada -Subdelegación- apele a que existe numeroso material probatorio acreditativo de la realidad de los hechos imputados a los recurrentes -membros da Plataforma-, en forma de documentación obtenida de los medios gráficos presentes en el momento de los hechos, y sin embargo, no se acompañe  al expediente administrativo”.

 Da falta de rigor dos expedientes faise eco a Sentenza nos seus Fundamentos de Dereito:  “Lo cierto es que dicha ratificación -en la resolución y su recurso de Alzada- contiene imprecisiones o afirmaciones genéricas que no se avienen con el superior principio inspirador del ejercicio de la postestad sancionadora”.

 Ademais da falta de rigor dos expedientes sancionadores e da deliberada ignorancia da evidencia exculpatoria aportada pola Plataforma, apreciase un contraste moi chamativo entre a imposición de duras sancións aos membros da Plataforma e as declaracións do Subdelegado na prensa dos días en que se produciron os feitos: “Ramón Carballo, afirmó este mediodía que el desalojo vecinal ocurrido en Sarria derivado de las obras de encauzamiento del río se produjo «sen incidentes». “(La Voz de Galicia, 25/03/2014).

 Todo iso lévanos a preguntarnos: por qué o Subdelegado mantivo as sancións a pesar da evidencia exculpatoria xa aportada pola Plataforma nos procedementos deselvolvidos ante a propia Subdelegación? Por qué impuxéronse as sancións en ausencia de probas? A Plataforma denunciou no seu día, e reitera hoxe esa denuncia, que as arbitrarias actuacións do Subdelegado do Goberno non eran alleas a intención de amedrentar aos veciños de Sarria que estaban a protestar contra o Proxecto de Encanamento, é dicir, a intención de eliminar a oposición na rúa ao proxecto dos seus compañeiros de partido na Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), intentando diste modo axudar á CHMS a sacar adiante un proxecto que estaba a naufragar e que, finalmente, como está a vista de todos, naufragou. Máis alá das resolucións xudiciais, o Subdelegado do Goberno ten unha responsabilidade política. O Subdelegado do Goberno debería responder polo uso partidista dos recursos destinados ao mantenemento da seguridade pública e que, neste caso, serviron para tentar anular a lexítima expresión da oposición cidadá a un proxecto de encanamento que os sarriaos rexeitaban por inútil e por dañino para o seu patrimonio natural e cultural.

 A sentenza tamén imponlle as costas á Subdelegación pero, claro, serán pagadas con “polvora de rei”, cos nosos impostos.

 Chegados a este punto en que a deliberada actuación do Subdelegado foi considerada polo Xulgado ilegal -contraria a Dereito- e unha vez que a actuación da CHMS nese mesmo día foi considerada ilegal pola Consellería de Medio Ambiente (resolución expediente: SARR-20015 de 11/09/2015) -ainda que non sancionada-, finalmente pasados tres anos desde o inicio das obras -xa sancionadas por tres veces pola Xunta de Galicia-, a Plataforma fai un chamamento urxente a Concello e Xunta a que finalicen xa co “sainete” da CHMS e o pobo de Sarria non teña que seguir, tras dous anos e medio, con Ponte Ribeira cortada.  Todos debemos saber que o proxecto da CHMS -co visto bo do Concello de Sarria- lévanos a que a ponte permaneza cortada ata dentro de dous anos (novembro de 2018) e que sen embargo a simple reposición do taboleiro da ponte cos 150.000 € consignados xa pola Deputación de Lugo permitirían abrir a ponte para o vindeiro abril en que o Camiño de Santiago volve a encherse de peregrinos co comezo da temporada alta. Agardamos que por unha vez a Xunta e o Concello poñanse do lado de Sarria e tapen a Ponte Ribeira con ou sen a CHMS.