Imprimir
Categoría: Rios de Galicia y España

Comeza a campaña de eliminación dunha planta invasora detectada no leito do río Leiro

Información
Rios de Galicia y España 22 Enero 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image

O curso medio do río Leiro está sendo obxecto dunha campaña de eliminación dunha especie vexetal invasora cuxa presenza foi detectada durante os traballos realizados hai unas semanas por Concello e Augas de Galicia no río Leiro como medida para previr inundacións.

Trátase da Egeria Densa, unha planta exótica nativa de áreas tempadas de Sudamérica, sudeste de Brasil, Arxentina e Uruguai, que se soe utilizar para a decoración de acuarios e que medra e se estende con gran facilidade e rapidez, de aí os riscos que presenta para o ecosistema autóctono.

Os traballos xa comezaron e afectarán a un tramo do leito do río Leiro dunha lonxitude de 1.700 metros dende Rubiáns á A Laxe. En concreto, executaranse dende o lugar de Soutelo, pasando por Muíño Novo e Perrón ata chegar á A Laxe. As plantas arráncanse de forma manual e as labores de eliminación lévaas a cabo persoal de Augas de Galicia.