A Deputación de Pontevedra, o Concello de Tomiño e a Câmara de Vila Nova de Cerveira asinarán este venres un protocolo de colaboración para realizar o concurso de ideas que definirá a imaxe da nova ponte peonil sobre o río Miño. O deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, explicou hoxe que a institución provincial apoiará financeiramente o concurso do proxecto, que opta aos fondos europeos do programa Interreg V A (POCTEP) España-Portugal 2014-2020.
Segundo explicou o representante provincial, a Deputación porá en marcha este ano o concurso de ideas para a selección do proxecto da ponte, elaborando os requisitos do prego de condicións e contratando os estudos xeotécnicos, topográficos, así como de calquera outra índole técnica para realizar o traballo. A decisión de optar por un concurso de ideas para esta construción debeuse, en palabras de Benítez, á súa "trascendencia e simbolismo" tanto polas características ambientais que terá como polos obxectivos estratéxicos de cooperación transfronteiriza dos concellos implicados e da propia Deputación provincial.
O obxectivo da construción da ponte é a unión do Parque Castelinho de Vilanova de Cerveira e o Espazo Fortaleza de Tomiño, dous espazos de ambas beiras do rio Miño que se unirán nunha única área de lecer e esparexemento, de carácter singular e proxección eurorexional. Esta será unha localización xestionada de xeito conxunto para promocionar iniciativas de animación cultural e tradicionais, de ocio, deporte, coñecemento da memoria ambiental do río comúns dos dous lados do río. "Preténdese fomentar a identidade europea, o sentido de pertenza común dun espazo que naturalmente xa constitúe unha unidade, -asegura Benítez- xa que se trata do treito máis estreito do río, con só 180 metros de distancia, que a xente historicamente percorría a nado porque consideraba súas tanto unha beira como a outra".
Así, a realización da nova infraestrutura peonil permitirá incrementar as relacións entre ambas comunidades cunha comunicación directa dos núcleos urbanos de Goián-Tomiño e de Vilanova de Cerveira. Ademais, a ponte facilitará a comunicación eurorrexional ferroviaria, xa que a estación da vía Vigo-Porto (en proceso de modernización) está situada nas inmediacións do Parque de O Castelinho e pasará a ser facilmente accesible para os veciños da contorna.
A construcción da nova ponte vén de presentarse para cofinanciamento á primeira convocatoria do programa INTERREG VAI España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 como parte dunha acción denominada ‘Cualificación e promoción do Parque Transfronteirizo Castelinho-Fortaleza', dentro da candidatura denominada ‘Conservación e Mellora do Río Miño Transfronteirizo. Visit Río Minho'. Esta foi promovida pola Deputación de Pontevedra xunto á Comunidade Intermunicipal de Alto Minho (CIM) e municipios portugueses do río en xaneiro deste ano.
Hai que lembrar que a Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza Cerveira-Tomiño 2015-2010 establecía a construción dunha ponte-travesía peonil como un dos obxectivos prioritarios, xa que "axuda a promover as relacións sociais, comerciais e culturais existentes entre as dúas comunidades". Así mesmo, cumpre tamén outro eixo estratéxico relativo á mobilidade transfronteiriza, xa que fomenta a mobilidade a pé entre os núcleos de Vilanova de Cerveira e Goián, ademais do transporte público a motor e mediante o tren.
Os fitos máis recentes de cooperación transfronteiriza entre os concellos de Tomiño e Cerveira fixéronse efectivos na firma da Carta da Amizade Cerveira-Tomiño (2014), a construción da Ponte da Amizade en 2004 -infraestrutura para a comunicación rodada-, e a elaboración conxunta de a Axenda Estratéxica de Cooperación transfronteiriza Cerveira-Tomiño 2015-2020.
O acto deste venres desenvolverase a partir das 12.30 horas no Espazo Fortaleza de Goián, onde se asinará o protocolo pola presidenta da Deputación, Carmela Silva; o presidente da Câmara de Vila Nova de Cerveira, João Fernando Brito; e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González. Posteriormente as autoridades trasladaranse en barco ao parque do Castelinho, onde haberá un ‘vinho verde de honra'.
Ultima hora en esta sección
Noticia Anterior
Otras noticias publicadas más recientes
También le pueden interesar
Las noticias más populares
De redacción
- Un equipo con participación del CSIC identifica cuatro especies distintas de carabela portuguesa
- La pesquería de cerco de la sardina ibérica recibe el certificado de pesca sostenible de Marine Stewardship Council en un acto oficial en Matosinhos
- Por pescadores para pescadores; hoy se lanza la marca de calzado de alto rendimiento "Strike"
- Un estudio explica la paradoja del Mediterráneo, un mar vacío y lleno a la vez hace más de 5 millones de años
- Ecologistas en Acción presenta su campaña de divulgación sobre los tiburones y las amenazas que enfrentan