A pasada fin de semana, unha comitiva da Plataforma contraMINAcción viaxou a Lousame para estudar in situ o alcance dos danos causados polo incendio intencionado que arrasou 9 hectáreas do Monte Veciñal en Man Común de Froxán o 1 de maio de 2016. Nesta visita, puidemos comprobar como o incendio atravesou un camiño en até catro puntos, sendo extinguido a tempo (o primeiro deles grazas tamén á presenza de frondosas que ralentizaron o seu avance) e evitando así que queimase a maior parte do monte e chegase ás casas da aldea.
Aproveitamos a visita para constatar a existencia de numerosos pozos e vetas abertas abandonadas producidas pola actividade mineira nos montes veciñais de Froxán e da Feosa (denominados localmente “choios”). Como adoita acontecer, as mineiras deixaron todo abandonado e tivo que ser a propia veciñanza a que levou a cabo os labores de restauración dalgúns deses buracos, os de menor tamaño, sen axuda das administracións ou das empresas concesionarias responsábeis. Verificamos, contodo, o risco que ainda supoñen estes pozos e vetas abertas e advertimos o perigoso que resulta transitar por esta zona por fóra dos camiños.
A delegación de ContraMINAcción tamén comprobou a expansión da ocupación de parcelas de monte veciñal que a empresa concesionaria da mina vén realizando nos últimos anos, incluíndo a invasión de monte con cascallos e balsas de lixiviados no caso da comunidade da Feosa; e da instalación dun portalón e reixado no acceso a unha das parcelas do monte de Froxán.
Forte contaminación do río San Fins e balsa con 5 hectáreas de lodos tóxicos
Ao longo de todo o perímetro das escombreiras prodúcese un lixiviado constante dos materiais expostos á intemperie e ao arrastre da chuvia que decanta directamente no río San Fins. As augas fluviais do río San Fins, que desprenden este forte cheiro, continúan o seu curso sen ningunha clase de tratamento.
É notorio en toda a zona fluvial próxima á mina un forte fedor químico. Río abaixo das instalacións da mina de San Fins, existe unha inmensa balsa de lodos tóxicos que ocupa unhas 5 hectáreas contida por un dique de formigón fabricado hai mais de 100 anos e que se encontra en pésimo estado. Quedamos moi preocupados polas consecuencias potenciais da rotura deste dique. Unha catástrofe así afectaría a toda a actividade marisqueira da ría de Muros e Noia, entre outras das moitas consecuencias ambientais que acarrearía.
Ninguén repara a desfeita ao tempo que o concello desbalde cartos en promover a “natureza mineira” de Lousame
En conclusión, comprobamos os danos do incendio intencionado no MVMC de Froxán, atentando que volvemos a condenar rotundamente, esperando que sexan detidas, investigadas e no seu caso xulgadas as persoas responsábeis. Tamén verificamos os estragos que causa a actividade mineira na zona, moi lonxe de calquera romanticismo que promove con diñeiro público o Concello de Lousame sen facer as correspondentes comprobacións. Todo fai pensar que as labores mineiras presentes e pasadas e as ameazas e o desastre ambiental que as acompaña non son aparentemente sometidos ao suficiente rigor de inspección por parte das administracións públicas.
Ultima hora en esta sección
Otras noticias publicadas más recientes
También le pueden interesar
Las noticias más populares
De redacción
- Un equipo con participación del CSIC identifica cuatro especies distintas de carabela portuguesa
- La pesquería de cerco de la sardina ibérica recibe el certificado de pesca sostenible de Marine Stewardship Council en un acto oficial en Matosinhos
- Por pescadores para pescadores; hoy se lanza la marca de calzado de alto rendimiento "Strike"
- Un estudio explica la paradoja del Mediterráneo, un mar vacío y lleno a la vez hace más de 5 millones de años
- Ecologistas en Acción presenta su campaña de divulgación sobre los tiburones y las amenazas que enfrentan