Información
Enviar por ; Correo electrónico

Unha investigadora da Estación de Hidrobioloxía realizará unha estadía en Estados Unidos cunha bolsa Fullbright e da Sociedade Malacolóxica de Londres

Información
Diario Marítimo ; 10 Abril 2018 ; 238 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A investigadora da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con da USC Mª del Carmen Cobo acaba de obter dúas bolsas de concorrencia competitiva para a realización de estadías internacionais de investigación. A doutora Cobo obtivo a bolsa do programa Fullbright ‘Ruth Lee Kennedy’, promovida polo Instituto Internacional e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América, e a ‘Early career Research Grant’ da Sociedade Malacolóxica de Londres.

A primeira destas axudas destínanse a doutores/as que queren investigar en centros de ensinanza superior nos Estados Unidos de América, mentres que a segunda outórgase a investigadores internacionais sen cargos profesionais para apoiar a publicación da investigación sobre moluscos.

Mª del Carmen Cobo realizará a súa estadía no departamento de Ciencias Biolóxicas da Universidade de Alabama-Tuscaloosa e no Museo de Historia Natural de Alabama. Nel se estuda a sistemática e xenómica evolutiva dos invertebrados mariños utilizando secuenciación de alto rendemento e ferramentas bioinformáticas baixo a dirección do doutor Kevin Kocot. A doutora Cobo participará nun proxecto que inclúe o estudo filoxenético dos moluscos aplacóforos, baseado en datos moleculares e abordará o estudo taxonómico e afondará nas técnicas de obtención do DNA barcoding contribuíndo a crear unha ampla libraría con secuencias moleculares de Solenogastros e Caudofoveados.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....