Información
Enviar por ; Correo electrónico

Campus Terra da USC participa nun proxecto europeo sobre toxinas no Atlántico

Información
Diario Marítimo ; 04 Mayo 2018 ; 370 visitas
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O grupo de investigación Farmatox (Toxinas mariñas: Mecanismos de Transdución, usos terapéuticos e métodos de detección) do Campus Terra da USC, coordinado polo catedrático do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica  na Facultade de Veterinaria da USC, Luis M. Botana, participa como integrante dun consorcio internacional liderado polo Centro Interdisciplinar de Investigación Mariña e Ambiental da Universidade do Porto (CIIMAR) no desenvolvemento do programa europeo Emertox, a través do que se pretende estudar a aparición e os posibles efectos de tóxicos emerxentes nas augas do océano Atlántico que se amorean en bivalvos e peixes, cuxa inxestión pode deparar problemas de saúde en humanos.
 


A participación do equipo investigadores integrados no grupo Farmatox (GI-1682 da USC) no marco do proxecto Emertox, un programa financiado con fondos europeos ao abeiro da estratexia Horizonte 2020 e que conta con preto dun millón de euros de orzamento, céntrase na coordinación do paquete de tarefas relacionadas do desenvolvemento de novos métodos de detección de tóxicos mariños.
 
O proxecto Emertox, que botou a andar a mediados de abril en Cabo  Verde e que involucra un consorcio de 15 centros de investigación e empresas de España, Francia, Reino Unido, Italia, República Checa, Cabo Verde, Marrocos e Tunisia, ten unha vixencia de catro anos. Durante este período os equipos de investigación implicados no proxecto Emertox estudarán, entre outras algunhas das toxinas emerxentes (tetrodotoxinas, palitoxinas e ciguatoxinas) presentes nos microorganismos (bacterias e microalgas) causantes das mareas vermellas, elementos tóxicos sen incidencia negativa nas especies (bivalvos, peixes e ou invertebrados) nas que se hospedan ou amorean, pero que si poden provocar episodios de intoxicación en humanos.
 
As consecuencias que pode ter para a saúde humana a inxestión de moluscos e peixes  contaminados con este tipo de toxinas son múltiples e diversas, xa que, en función de que toxina se trate, poden deparar problemas gastrointestinais (vómitos, diarrea, dor de cabeza) e mesmo perda de memoria, aparición de tumores ou ata incluso parálise muscular con desenlace fatídico.
 
A presenza de toxinas mariñas está  tradicionalmente asociada coa existencia de auga quente, en zonas tropicais do Pacífico, Índico e mesmo do océano Atlántico, pero factores como o quecemento global, ou o incremento do tránsito marítimo teñen provocado nas últimas datas a aparición e o aumento da presenza deste tipo de toxinas emerxentes en áreas costeiras e oceánicas antes pouco habituais.
 
Outras das achegas que pretenden os socios do consorcio internacional implicados no proxecto Emertox atinxen á realización do mapeo de toxinas e organismos produtos en augas do Atlántico Norte e do Mediterráneo, así como ao desenvolvemento de modelos de previsión da súa evolución en diversos escenarios de quecemento global. O coñecemento adquirido logo desta fase de estudo exhaustivo será tamén de importancia capital á hora de prestar asesoramento ás autoridades nacionais e europeas, tales como a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria, e mesmo para recomendar cambios lexislativos ou novas necesidades no seguimento destas toxinas.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....