Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

 200 páxinas que  recompilan mediante fontes orais e escritas o acontecido nos Baixos de Baldaio e no litoral que abrangue desde a zona da Pedra da Ferreira, Os Ghichos, As Frairas e As Percebeiras ata a Furna Furada co único obxectivo de lembrar os sucesos mariños que forman parte da nosa cultura mariñeira, moitos deles agochados no máis profundo da memoria dos maiores das parroquias costeiras

 

 

É certo que Carballo non ten a tradición de concello vencellado ao mar. Pero tamén é certo que os seus once quilómetros de liña costeira, repartidos entre as parroquias de San Martiño de Razo, San Cristovo de Lema, Santa María de Noicela e San Salvador de Rebordelos, foron testemuñas dun feixe de historias mariñas que non debemos esquecer.

Con esta mesma pretensión -a de insistir na idea de que a capital de Bergantiños ten mar- naceu o libro ‘Contos mariños de Carballo’, o último traballo do escritor arteixán Xabier Maceiras editado polo concello de Carballo e parte central do proxecto GALP de dinamización do litoral Carballo é mar.

Trátase dun total de 200 páxinas que  recompilan mediante fontes orais e escritas o acontecido nos Baixos de Baldaio e no litoral que abrangue desde a zona da Pedra da Ferreira, Os Ghichos, As Frairas e As Percebeiras ata a Furna Furada co único obxectivo de lembrar os sucesos mariños que forman parte da nosa cultura mariñeira, moitos deles agochados no máis profundo da memoria dos maiores das parroquias costeiras. “As fontes escritas empecei a recollelas en arquivos e hemerotecas para as investigacións de dous dos meus libros. E a partir do verán do 2015, comecei a ir polas parroquias costeiras de Carballo para coñecer á xente maior de 70, 80 e 90 anos e conseguir que me contaran eses contos mariños de lareira que escoitaban na súa casa cando eran cativos”.

As fontes orais, principais protagonistas

                                                                                                                                                                                  

Así, no libro podemos ler testemuños como o de Carmiña Rodríguez, propietaria do Cámping Baldaio; os dos veciños de Rebordelos José Antonio Rodríguez, Antonio Areosa, Ana Domínguez, José Ponte, Marcelino Villar e Mercedes Rodríguez; o do veciño de Leira Miguel Arijón; os da Constenla María Vila Mato e Miguel Méndez; o da Imende Antonio Bello “O Ferrador”; o da Casanova, Jesús Esmorís Cotelo; os de Lema, José Rodríguez Romero e Consuelo Pacoret Regueira; os de Cambre, José Aldao Cobas e a súa dona Manuela García Collazo; o de Oza, Constantino García e os de Razo, Dosinda Rey e Antonio Longueira, propietario do Bar Eirís.

Con todas e todos eles compartiu Maceiras moitas horas de conversa falando dunha trintena de contos como o que lle relatou a señora Consuelo Pacoret, “Chela de Laoureiro”, e que ten que ver coa orixe do apelido Pacoret, un dos contos polos que máis indagou Xabier: “Marchei axiña para Compostela, para consultar no Arquivo Diocesano os libros de casamentos, falecidos e bautizados das parroquias de Lema, Noicela e Rebordelos. Tiven que ir catro días ao devandito arquivo, mais ao final atopei a ese náufrago francés, a François Pacoret!”.

De balde no Museo de Bergantiños

O libro pódese recoller de balde no Museo de Bergantiños e Oficina de Información Turística, situados na rúa Martín Herrera s/n de Carballo. O horario de apertura é de martes a venres, de 10.00 a 14.00, e os sábados e os domingos de feira de 11.00 a 14.00. E polas tardes, de martes a venres, de 19.00 a 20.30.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +