Enviar por ; Correo electrónico

Ante o silencio de Rosa Quintana acusa a oposición de “Utilizar datos falsos e sesgados contra a Denominación de Orixe Protexida e permite que se certifique como galego aquelo que non o é”, asegura José Ramón Val

Diario Marítimo ; 26 Abril 2016  ; 594 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, acusou hoxe ao goberno galego no pleno do Parlamento de “desprestixiar” a DOP Mexillón de Galicia para favorecer a unha parte da industria transformadora, que non quere garantir a orixe do produto.
“Vostedes falan de datos falsos e sesgados para frear o desenvolvemento da Denominación de Orixe Protexida”, afirmou Val na defensa dunha moción que foi rexeitada polo Partido Popular.


O deputado socialista acusou á Xunta de alentar a “guerra” entre o sector mexilloeiro e unha parte da industria, provocando que Galicia deixara de ser o primeiro produtor mundial de mexillón en 2010. En lugar de potenciar o produto autóctono, dixo, o goberno galego ampara a posición das distribuidoras que etiquetan produto foráneo como “envasado en Galicia” para confundir ao consumidor.

Ao mesmo tempo, dixo, asfixian á DOP, ata o punto de que deixan ó Consello Regulador sen financiamento e dicindo que só o 14 por cento do producido está amparado baixo o seu paraugas, cando “poderiamos estar a falar da primeira DOP de España e unha das primeiras da UE en número de quilos”. En lugar diso, dixo, están deixando sen certificar un porcentaxe moi alto de producto controlado pola DOP porque a industria que defenden non reclama este produto certificado.


Val desafiou ao goberno galego a demostrar “se queren apostar pola produción propia e polo mexillón diferenciado coa etiqueta da DOP”, ou polo contrario “pretenden amparar prácticas ilegais na etiquetaxe”.


Por outra parte, o socialista reclamoulle ao goberno galego que garanta o cumprimento da sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra, que lle reserva á DOP o uso de fórmulas como “das rías galegas”, “elaborado en Galicia, ou “envasado en Galicia”.


Val reclamou un “cambio radical” da política do goberno galego e do PP con respecto ao mexillón galego reservando orzamento público para a única Denominación de Orixe Protexida de Galicia que a día de hoxe non conta con axudas do goberno. Finalmente, reclamou “accións precisas para fortalecer e aumentar o número de produtores certificados” baixo esta marca de calidade.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +