Enviar por ; Correo electrónico

325.000 euros da institución provincial ao museo da construción naval ferrolán

Diario Marítimo ; 14 Julio 2016  ; 563 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Asinaron esta mañá, no salón Carlos III da Fundación Exponav de Ferrol, dous convenios de colaboración que articularán achegas por importe de 325.000 euros da institución provincial ao museo da construción naval ferrolán, o máis importante de España no seu ámbito.

Unha destas achegas da Deputación permitirá destinar 200.000 euros para a rehabilitación da cuberta do histórico edificio de Herrerías, situado no Arsenal ferrolán, ao que se dotará de tella cerámica. Tamén se substituirán os vellos lucernarios centrais por outros novos de aluminio lacado e vidros dobres e repararanse as 49 xanelas tipo velux coas que conta a parte superior do inmoble, todo isto co obxecto de evitar as filtracións de auga no edificio, que data do século XVIII.

A maiores, a Deputación destinará outros 125.000 euros para apoiar a este museo, o único de Galicia dedicado monograficamente á construción naval, nos gastos de mantemento, atención a visitantes e servizo de visitas guiadas, organización de exposicións e eventos, adquisición de novo material expositivo e dixitalización de arquivos documentais, entre outras actividades.

O presidente da Deputación e o almirante do Arsenal coincidiron en sinalar que hoxe "é un día importante", pois os investimentos provinciais van a permitir "manter e potenciar" a actividade da Fundación Exponav.

González Formoso destacou "o compromiso da Deputación con Ferrol, co seu potencial e coa súa historia, que afunde as súas raíces na construción naval" e gabou a labor do padroado da Fundación, "moi implicado en facer de Exponav un elemento máis dinámico", e do almirante Romero Caramelo para conseguir os fondos necesarios para a rehabilitación da cuberta.

O presidente provincial manifestou ademais que a Deputación "axudará a realzar durante esta lexislatura outros valores do patrimonio histórico e militar" da cidade naval, como o Castelo de San Felipe, "único no mundo e tarxeta de presentación da ría de Ferrol nunha vía marítima cada vez máis frecuentada por cruceiros, polo que merece dar a mellor imaxe".

Pola súa banda, o almirante Romero Caramelo destacou a "dobre e xenerosa" achega da Deputación da Coruña, que achegará arredor do 50% do presuposto total dunha obra "importante e necesaria, que non se podería acometer sen a axuda provincial" e que achega tamén a meirande parte dos gastos de funcionamento de Exponav, "que nos axuda a seguir facendo as nosas actividades".

Exposición itinerante sobre a construción naval en Ferrol

González Formoso subliñou ademais que a Deputación apoiará economicamente a realización dunha mostra itinerante por varios concellos da provincia da exposición "Xigantes" de Exponav, dedicada aos grandes fitos da construción naval realizados na antiga Astano entre os anos 1964 e 1982, entre os cales figuran varios petroleiros, co obxecto de difundir a actividade de Exponav máis alá de Ferrol a través de maquetas dos buques construídos, paneis, pezas, documentos e material audiovisual.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....