Información
Enviar por ; Correo electrónico

A alcalde propón ao pobo do Carril para o premio nacional Amuparna pola súa defensa constante de Cortegada

Información
Diario Marítimo ; 26 Octubre 2015 ; 1482 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, vén de presentar formalmente a candidatura do pobo do Carril ao premio que cada ano outorga a Asociación de Municipios con territorio en Parques Nacionais (Amuparna) para distinguir a aquelas iniciativas públicas ou privadas que teñan apostado polos parques nacionais como motores de progreso económico, social e ambiental, promovendo ao tempo a sostenibilidade dos territorios representados na asociación.
24.10.2015. Amuparna celebrará en Vilagarcía de Arousa, entre os días 11 e 15 de novembro, a súas XIX Xornadas e nelas participarán arredor dun cento de alcaldes, concelleiros e técnicos dos municipios aos que pertencen os 15 parques nacionais de España. Será unha oportunidade para que coñezan de preto o Parque Nacional das Illas Atlánticas e particularmente a illa de Cortegada, cuxa evolución dende a súa doazón ao Rei Alfonso XIII ata converterse en parque nacional fai deste caso unha experiencia única no conxunto dos áreas naturais protexidas de España.
Precisamente esta circunstancia é a que quere poñer en valor o alcalde ao presentar a candidatura de premio para os veciños de Carril, posto que se alguén se distinguiu por defender a titularidade pública da illa e reclamar a súa conversión en parque natural, moito antes incluso de que se planteara a creación do parque das Illas Atlánticas, foron, en efecto, os carrillexos, a través daquela Comisión Cidadá Pro Cortegada que tantos titulares acaparou nos medios rexionais e ata nacionais. Unha loita que se expresou nun cartel e nunha pegatina que como o seu lema son hoxe xa un inoco: "Cortegada é nosa. Defendámola".
Na súa proposta, Alberto Varela fai un percorrido polos cen anos que tiveron que esperar os veciños de Carril para ver cumprido o seu soño –recuperar a illa despois da fallida doazón ao rei- e subliña como ese espírito se mantivo no tempo ata lograr, primeiro, que as institucións cambiaran a cualificación urbanística da illa –especialmente dende o proxecto de urbanización de Cortegada SA nos anos 70- e, máis tarde, que esas mesmas administracións aceptaran expropiala para integrala a continuación no parque nacional das Illas Atlánticas. Esta circunstancia non fixo que os veciños baixaran a garda, como de feito se puido comprobar –e así o recalca o alcalde na súa proposta- o pasado mes de xullo, cando o pobo de Carril acudiu en masa a sofocar un incendio que puido ter nefastas consecuencias para o futuro da illa.
Alberto Varela e goberno municipal consideran, por iso, que o pobo de Carril, os seus veciños e a memoria dos que tiveron que deixar a illa e dos que durante anos loitaron pola súa devolución sen ver o seu soño cumprido, teñen máis que merecido ese recoñecemento por parte da Asociación Nacional con territorio en Parques Nacionais. {jcomments on}
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....