Información

A conservación da toniña (Phocoena phocoena) a debate transfronteirizo

Información
Diario Marítimo ; 05 Diciembre 2017

PPHVARAM445

Os equipos que estudan os cetáceos de Portugal e de Galicia compartiron espazo entre o 4 e o 5 de decembro no III Workshop Internacional do proxecto LIFE+MarPro “Management Plans for Marine Protected Areas”, co fin de debater propostas enfocadas a poñer en marcha accións para a conservación desta especie.

 

A xuntanza de traballo foi organizada polo proxecto LIFE MARPRO, realizada en Costa Nova, Aveiro, e ata alí se desprazaron os investigadores da CEMMA, Jose Antonio Martínez e Alfredo López,  para expoñer a situación da especie en Galicia, dar a coñecer as súas ameazas e realizar unha proposta de medidas de conservación.

A toniña, Phocoena phocoena, é a especie de cetáceo de menor tamaño de todas as que están presentes no Hemisferio Norte. Na costa atlántica oriental distribúese dende as augas circumpolares (Mar de Barents), ata a costa senegalesa africana. No Mediterráneo está considerada extinguida. A poboación que está presente nas augas da península Ibérica resulta de especial singularidade.

Co nome de toniña meridional, P. phocoena meridionalis, denomínase ao ecotipo das toniñas que están presentes nas augas da península Ibérica, téndose comprobado xeneticamente que constitúen un núcleo poboacional diferente a calquera outra poboación de toniñas do mundo. As toniñas Ibéricas están máis emparentadas coas que viven no Mar Negro que coas do norte de Europa, polo que deberon formar parte dunha antiga poboación que, no pasado, se estendeu por todo o Mediterráneo e norte de África. As toniñas meridionais Ibéricas son máis grandes que as toniñas do norte de Europa, o que acrecenta a súa singularidade.

O debate de maior intensidade centrouse na proposta de áreas de conservación, de obrigada instauración por parte da lexislación vixente, co fin de establecer nelas medidas de conservación para garantir a supervivencia desta singular especie. Chegando á conclusión que sería necesario o establecemento dunha área de protección transfronteiriza que recollera o groso da poboación da toniña das costas do norte de Portugal e sur de Galicia.

Fotos CEMMA

Las 6 máquinas tragaperras más famosas del mundo

Las máquinas tragaperras en línea han estado disponibles desde hace bastante tie...

CRUCEROS DE LUJO VS CRUCEROS LOW COST, ¿QUIÉN GANA?

La mayor parte de las parejas suele disfrutar del viaje de sus sueños en su luna...

La Anchoa de Santoña: un producto tradicional que se reinventa en clave Gourmet

Bodega La Fuente, cadena de restauración especializada que opera en el me...

FNYH y Pequesurf recuperan las dunas de Somo

FNYH y Pequesurf recuperan las dunas de Somo

Los jóvenes participantes de los campamentos de surf, Pequesurf, que se c...

avisoimpoortantepangasergasxunta ppdegaliciaLa Xunta de Galicia promociona y FINANCIA Panga Presuntamente Contaminado para los Hospitales Públicos de Galicia en clara competencia de los productos pesqueros de las cofradías y mercado gallego.