OS SOCIALISTAS RECLAMAN INCENTIVOS PARA QUE AS TRABALLADORAS DO MAR “VAIAN A BORDO”

Información
08 Marzo 2018
social youtube xornalgalicia   feed-image

Loli Toja reivindica o “papel clave” das mulleres no sector e pide unha batería de medidas para recoñecer o seu papel “e que poidamos avanzar cara adiante”

 

Santiago de Compostela, 07 de marzo de 18. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, reclamoulle hoxe ao goberno galego incentivos para impulsar que as traballadoras do mar “vaian a bordo”. Na sesión de control ao goberno, reivindicou “recoñecer o papel das mulleres no sector e que vaiamos adiante” e esixiulle á conselleira do Mar “solidariedade coa muller do mar”.

A responsable socialista advertiu que “falla conciencia social” sobre a importancia da contribución destas mulleres e criticou que a conselleira “ou se está marcando un farol ou é moi pouco ambiciosa, en calquera das dúas situacións debe valorar se pode seguir á fronte da Consellería”.

Desta forma apelou á situación das mulleres que traballan no mar,  que perderon un de cada catro Permex dende 2009 –de 3.887 a 2.807-, hai 1.803 afiliadas menos ao réxime especial do mar, na pesca extractiva son só un 5 por cento das ocupadas, na acuicultura un 26 por cento e que teñen unhas pensións medias de 579 euros, fronte aos 1.090 dos homes.

Os socialistas galegos reclamaron unha batería de medidas para impulsar a situación destas mulleres coa aplicación dun coeficiente redutor na idade de acceso á xubilación, recoñecemento de enfermidades profesionais ou incentivos para a contratación de mulleres a bordo.

Tamén propuxo maiores recursos para fomentar o asociacionismo neste colectivo, medidas que favorezan a igualdade salarial entre homes e mulleres pescadoras, medidas de conciliación con garderías na proximidade dos portos  pesqueiros e horarios flexibles nos centros educativos que utilizan as profesionais deste sector.

Administrar una empresa en la era digital puede parecer una tarea dificil, pero con las herramientas adecuadas, se convierte en un proceso manejable y hasta gratificante. La tecnología ha avanzado a...

Corría la noche del 14 de abril de 1912 cuando el Titanic sufrió su fatídico accidente. El barco, un buque “insumergible” de 269 metros de eslora y un peso de 46000 toneladas, zarpó con más de dos...

Las ventajas de contar con un buen software ERP son más que conocidas. Eficiencia, mejora en la productividad y ahorro de costes operativos son solo tres de ellas. Hacerlo posible gracias al Kit...

  AltaLingua cumple 17 años ofreciendo servicios lingüísticos integrales a todos los idiomas. AltaLingua trabaja desde 2005 con la visión de convertirse en una agencia de referencia en el...