A Guarda presenta en Pasaia o vindeiro Encontro de Embarcacións

Información
19 Mayo 2018
social youtube xornalgalicia   feed-image

O peirao euskaldún de Trintxerpe acolleu esta mañá a presentación do próximo Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Un evento que se celebrará na Guarda do 11 ao 14 de xullo de 2019; e que servirá de pulo para o recén creado movemento de recuperación e posta en valor do amplo patrimonio marítimo fluvial da vila fronteiriza.

O presidente da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, Xaquín Cadilla; e Xaquín Lores, membro da directiva de Culturmar; foron os encargados de explicar ao público do I Festival Marítimo de Pasaia os detalles dun evento que, ao igual que o anterior Encontro, celebrado o verán pasado en Combarro, contará coa presenza dunha delegación do municipio vasco. Así o asegurou a alcaldesa de Pasaia, Izaskun Gómez; que puxo en valor os numerosos vínculos existentes entre a cultura de Galicia e a dunha vila que acolle á comunidade de galegos fóra de Galicia máis extensa do estado español.

Á senda de colaboración entre o Concello de Pasaia e Culturmar iniciada o verán pasado en Combarro aínda lle quedan quilómetros por andar. Quedou patente este sábado na presentación do próximo Encontro de Embarcacións da Guarda. Un evento co que a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial quere contribuír á recuperación do patrimonio desa vila situada na fronteira entre Galicia e Portugal; e que, tal e como asegurou Izaskun Gómez, contará tamén co respaldo de Pasaia.

O presidente de Piueiro; asociación de recente creación nacida co obxectivo de impulsar a posta en valor da riqueza etnográfica e cultural ligada aos cauces fluviais (nomeadamente, ao río Miño) e ao litoral da Guarda; quixo agradecer o respaldo recibido dende Culturmar. Xaquín Cadilla amosou a súa vontade de traballar arreo para que a localidade pontevedresa chegue ao vindeiro Encontro lista para amosar ao público todo o seu patrimonio etnográfico, cultural, e tamén gastronómico.

A presentación do Encontro da Guarda celebrouse no espazo expositivo de Galicia no I Festival Marítimo de Pasaia. Un entorno no que, dende o pasado xoves, a comunidade galega luce o bo facer dos seus artesáns con mostras en vivo de oficios tradicionais. Aos zoqueiros, redeiras, palangreiras, carpinteiros de ribeira e palilleiras únense ademais degustacións gastronómicas de conservas do mar galego. Que, xunto coa música tradicional que resoa ao longo de toda a xornada, teñen conseguido que o peirao de Trintxerpe se convirta nun constante bule bule dun público totalmente volcado coas singularidades, tamén turísticas e paisaxísticas, de Galicia.

Administrar una empresa en la era digital puede parecer una tarea dificil, pero con las herramientas adecuadas, se convierte en un proceso manejable y hasta gratificante. La tecnología ha avanzado a...

Corría la noche del 14 de abril de 1912 cuando el Titanic sufrió su fatídico accidente. El barco, un buque “insumergible” de 269 metros de eslora y un peso de 46000 toneladas, zarpó con más de dos...

Las ventajas de contar con un buen software ERP son más que conocidas. Eficiencia, mejora en la productividad y ahorro de costes operativos son solo tres de ellas. Hacerlo posible gracias al Kit...

  AltaLingua cumple 17 años ofreciendo servicios lingüísticos integrales a todos los idiomas. AltaLingua trabaja desde 2005 con la visión de convertirse en una agencia de referencia en el...