Fajardo y Basilio Otero escondidos como cucarachas para que no se les muevan las subvenciones públicas: A Unión Comarcal da CIG da Coruña apoia e chama a participar na manifestación que a Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo ten convocada o vindeiro domingo, 14 de maio, con saída ás 12 horas dende a Casa do Mar. A CIG forma parte desta plataforma desde a súa constitución e sempre apoiou decididamente todas as actuacións e mobilizacións propostas pola mesma.
A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo leva anos reivindicando solucións ante o grave deterioro da ría e as consecuencias negativas que isto supón para o medio ambiente, a economía, o marisqueo e o turismo. Porén, en todo este tempo, un ano tras outro as urxentes actuacións para a rexeneración, recuperación e saneamento integral da ría teñen quedado relegados nos Orzamentos Xerais do Estado, onde só aparecen consignadas partidas insuficientes, que nin se sequera se chegan a executar.
Esta desidia veuse agravada pola irresponsabilidade e a incompetencia dos gobernos centrais e da Xunta, incapaces durante anos de sentar a negociar e aprobar o Proxecto Definitivo de Dragado da Ría, co seu correspondente calendario de actuacións, debidamente orzamentado, e publicado no BOE e no DOG. Actuacións coas que poñer en marcha dunha vez o inaprazábel e urxente Plano de Rexeneración da Ría, dragado, tratamento, limpeza e reiterada dos lodos.
E cando por fin parece que hai acordo para iniciar o dragado, este permanece estancado nos trámites administrativos, sen que exista certeza sobre o seu financiamento, nin se teña contestado ás alegacións formuladas pola Plataforma, a Confraría ou os concellos. Ao tempo, a Xunta de Galiza (vía Consellaría do Mar ou Medio Ambiente) segue negando calquera alternativa e solución ao sector marisqueiro, que cada vez se ve máis empobrecido por unha Ría en constante degradación e que cada ano reduce máis a súa capacidade produtiva.
A este respecto, a CIG ten subliñado a importancia de recuperar este espazo, non só como necesidade ambiental, senón tamén como unha aposta pala economía produtiva, dado o potencial da ría como motor da reactivación económica da comarca da Coruña e pola súa capacidade xeradora de emprego.
Por iso, a central sindical fai un chamamento a participar na manifestación deste domingo para esixir esixirmos do Goberno do Estado e da Xunta as actuacións e investimentos públicos para a aprobación inmediata do Proxecto Definitivo de Dragado da Ría e a posta en marcha do Plano de Rexeneración Medio Ambiental, de limpeza integral da Ría do Burgo para o gozo e lecer cidadán, e a recuperación dos bancos de marisco con liñas de axuda ao cultivo e a produción. Así como demandar un programa de axudas ao marisqueo mentres non se poida desenvolver con plena normalidade esta actividade.
RECUPEREMOS A RÍA DO BURGO! VIVIMOS NELA, VIVIMOS DELA. DEFENDAMOS A NOSA RÍA!
Ultima hora en esta sección
Otras noticias publicadas más recientes
También le pueden interesar
- Cada vez que pongo la red saco cien kilos de plástico y dos o tres peces, me da una pena terrible por mis nietos, le pido a Dios que ponga conciencia en los políticos
- Fernando Gutierrez formaba parte entidades anticontaminación y estaba contaminado según extracto judicial por el que le piden 7 años de carcel, colándose como activista antiperforaciones petrolíferas para lavar su imagen
Las noticias más populares
- Las redadas de la Guardia Civil contra el furtivismo y los presuntos favores de Rosa Quintana Carballo a los furtivos..Por afinidades políticas.
- Rosa Quintana deja en VERGÜENZA el Sistema Mundial de Socorro tras hacerse por Decreto Urgente para uso de traje militar de gala…¿ Manda carallo ? con la democracia del Siglo XXI en Galicia, España.
De redacción
- AnimaNaturalis destapa la crueldad en las piscifactorías españolas
- ¿Éxito empresarial o explotación laboral? GrupoMar presume récords de pesca mientras sus trabajadores en huelga exigen justicia
- Las buenas palabras deben traducirse en hechos
- La Conferencia de las Naciones Unidas sobre los Océanos ha dejado varios anuncios por parte de España
- Los percebes de Cedeira, los mejores del mundo