Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
        

Golpe á biodiversidade da praia das Catedrais

Información
13 Agosto 2015 Xunta Imprimir Correo electrónico Compartir en redes sociales

Malia ao  flamante Plano de Conservación recentemente aprobado en xuño deste ano, ADEGA vén de denunciar o recheo de dúas charcas, unha dentro do ZEC As Catedrais e outra 200m fóra, mais pertencente á unha área prioritaria para a conservación da avifauna ameazada.
part3 01040901 04010103adegaTrátase de dúas canteiras abandonadas, rexeneradas naturalmente e agora encharcadas, das poucas zonas húmidas permanentes na rasa litoral da Mariña. As obras consistiron no aterro da zona inundada, arrasando coa rica biodiversidade que acubilaban e derramándoas como refuxio de aves invernantes e en paso. Entre as especies protexidas presentes nesas charcas cóntanse varias de anfibios: A Hyla arborea (vulberábel segundo o Decreto 88/2007 polo que se establece o Catálogo Galego de Especies Ameazadas) e o Alytes obstetricans (Anexo IV Directiva 92/43 CEE, de interese comunitario que require protección estricta), teñen presenza confirmada, e o Triturus marmoratus (Anexo IV Directiva 92/43 CEE), o Lissotriton boscai e Lissotriton helveticus, no calágo español, son de presenza probábel.
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo." width="486" height="433">Precisamente a costa de Ribadeo nesta zona da rasa litoral emerxida está considerada, aliás de ZEC, LIC, Monumento Natural (As Catedrais), ZEPA (Ribadeo), e Reserva da Biosfera (Oscos-Eo-Burón), unha área prioritaria para a avifauna ameazada por Resolución da DXCN de 28 de novembro de 2011. A riqueza ornitolóxica deste territorio atrae a moitos/as investigadores e visitantes, que agora perderán -perderemos- dous humidais senlleiros nos que mesmo aniñaban a pita de río, o mergullón pequeno, o rascón..., aliás de acubillar a especies en paso e invernantes.

ADEGA lamenta a escasa sensibilidade dunha administración que asiste nos seus fuciños e en plena tempada turística á destrución destas charcas e á perda da biodiversidade que acubillan, malia a gozaren de numerosas figuras de protección. Trátase dun duro golpe á proposta de declarar este espazo Parque Natural, defendida por institucións, investigadores e ecoloxistas fronte á negativa da Xunta. Mentres ONGs e veciñanza estamos a desenvolver proxectos de criazón e custodia de charcas por todo o país, semella que ninguén garante a conservación das poucas zonas inundadas mesmo dentro dos nosos espazos protexidos.

Descargas

Novas relacionadas

social youtube xornalgalicia   feed-image