Asociacións veciñais e ecoloxistas despregaron esta mañá, na Porta do Sol, en plena festa da Reconquista de Vigo, unha pancarta xigante para reclamar a entrada libre á illa de Toralla e a senda peonil litoral aprobada en 2008.
- Consideran unha boa nova o anuncio do Ministerio de que está en marcha unha actuación para recuperar o acceso o litoral da illa. Pero lembran que en 2008, o Ministerio aprobou un proxecto semellante que non se levou acabo.
A asociación Veciñal de Coruxo, a Asociación Veciñal de San Miguel de Oia, a Plataforma pola Defensa da ría Vigo-Cíes, Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace organizaronn unha nova acción para reclamar a entrada libre á illa de Toralla e a senda peonil litoral aprobada en 2008.
A acción consistiu no despegue dunha pancarta xigante co lema de “Únete a reconquista de Toralla” na Porta do Sol, en plena festa da Reconquista de Vigo. Con esta nova acción queren concienciar a cidadanía de Vigo da relevancia de recuperar o espazo público da illa de Toralla para uso e disfrute de todas e todos os vigueses.
A servidume de tránsito non se cumpre na Illa de Toralla. Tampouco a servidume de acceso ao mar que se establece en varios puntos ao longo da costa para garantir o acceso público e de balde ao mar.
A lexislación vixente recolle que calquera persoa pode chegar ata a ribeira do mar a pé. Pero a realidade é que aos visitantes só se lles permite acceder aos areais situados a ambos os dous lados da ponte. A norma contempla restricións ás leiras limítrofes co dominio público marítimo-terrestre, para garantir o libre paso dos cidadáns e vehículos de vixilancia e salvamento. Ademais da zona que pertence ao dominio público, a lexislación sinala que o terreo inmediato á ribeira do mar que non é parte de dominio público tamén está afectado por unha serie de servidumes.
Veciñanza e ecoloxistas consideran unha boa nova o anuncio do Ministerio de que xa está en estudio realizar unha actuación para recuperar o acceso o litoral da illa. Pero lembran que en 2008 a concelleira Elena Espinosa, daquela ministra de Medio Ambiente, intentou infructuosamente a realización dunha senda peonil ao redor da illa. Por iso, lle piden que non se dea por vencida e que relance a “reconquista “ de Toralla desde o Concello de Vigo.
“Pedimos ao Alcalde que se posiciones claramente a prol da recuperación da illa de Toralla para o pobo de Vigo e que emprenda accións legais para poder acceder ao interior da illa, ademais do acceso ao litoral”, indicaron dende as organizacións convocantes.
As organizacións veciñais e ecoloxistas sinalan que existen varios pronunciamentos por parte da Xustiza sobre o peche da Illa de Toralla. En outubro de 1997, o Tribunal Supremo rexeitaba o recurso presentado polos residentes particulares da illa que pedían a exclusividade do uso e goce da ponte e as súas praias. A sentenza deixaba claro que en base á Lei de Costas os propietarios deberían ceder para dominio público seis metros de terreo a partir da máxima pleamar rexistrada. En definitiva, estamos ante un longo problema de incumprimento legal en relación a dominio público marítimo-terrestre ao que debe poñérselle fin. É un espazo público pero que na práctica utilízase como reserva privada de forma ilegal.
Otras noticias publicadas más recientes
También le pueden interesar
Las noticias más populares
- Los únicos que se atreven a acercarse a Sentinel son los pescadores ilegales
- Fuertes marejadas frente a la Isla de Mozambique, primera capital de este país africano, causaron el fin de semana penetraciones del mar que destruyeron 20 casas y un número similar de barracas a lo largo de la línea costera
De redacción
- Un barco de cartón en la Ría de Muros.
- Javier Garat defiende ante la Comisión de Pesca del PE las recomendaciones de la sociedad civil para el Pacto Europeo de los Océanos
- CARLOS TEIJO AFONDA NA GOBERNANZA EUROPEA DOS OCÉANOS
- El Puerto de Sevilla prueba un vehículo autónomo sostenible para los desarrollos puerto-ciudad
- El parque móvil de la Xunta: entre el abuso político del PP, la impunidad y el silencio judicial de Santiago