Sebastián Villasante asesorará ao Comité Científico Técnico e Económico da Pesca na Unión Europea

Información
Actualidad 25 Mayo 2019
social youtube xornalgalicia   feed-image
 
Foto de arquivo de Sebastián Villasante

O profesor Sebastian Villasante, do Departamento de Economía Aplicada da USC, acaba de ser seleccionado como asesor do Comité Científico Técnico e Económico da Pesca da Comisión Europea (STECF polas súa denominación en inglés). Este é o órgano consultivo encargado de brindar asesoramento científico-técnico en materia biolóxica, económica, social e institucional sobre a aplicación da Política Pesqueira da Unión Europea

O Comité seleccionou 33 expertos de toda Europa para asesorar á Comisión Europea durante o período 2019-2022, “período clave para alcanzar a sustentabilidade dos mares europeos e o desenvolvemento socio económico da pesca artesanal e industrial, xa que abarcará tamén a próxima reforma da Política Pesqueira da UE”, aclara o docente da USC. De España, foron seleccionados Raúl Prellezo, Leire Ibaibarriaga e Andrés Uriarte de AZTI (País Vasco); Martín Paloma, do CSIC en Cataluña; y de Galicia, María de la Paz Sampedro (IEO) ademais do profesor Villasante.